jueves 1 de marzo de 2012

Saídas Carnívoros Medianos Inverno 2012


Nos dous últimos fins de semana celebráronse as dúas saídas de inverno de 2012 do "Seguemento de Carnívoros Medianos", que estamos a realizar desde o ano 2006.


a
b
a.Tala masiva, repoboación de eucalipto, nos arredores dun dos itinerarios. b Tala e repoboación de eucalipto.
Con este seguemento pretendemos observar as especies de carnívoros presentes no área de estudo e observar as súas posibles variacións cos cambios na paisaxe.
Para isto realizamos unha serie de itinerarios predefinidos de procura de intidicos que repetimos 4 veces cada ano. Do mesmo xeito en cada campaña instalamos equipos de fototrampeo nos arredores dos itinerarios, para observar que método e mais eficaz para observar os cambios.

Participantes na actividade instalando un equipo de fototrampeo.


Participantes nun dos intinerarios.


Participantes noutro itinerario

Como se observa na fotografía o frío era intenso.


Pegadas de teixugo nun dos itinerarios
Durante a campaña de inverno tivemos unha boa participación cunha media 4-5 persoas. Mediante os itinerarios detectáronse, as especies habituais, raposo, teixugo, xeneta, xabarín, esquío e can.

En canto aos resultados do fotrotrampeo, únicamente tiveronse resultados en dúas das estacións, detectándose 2 especies: teixugo e xeneta. (Máis informaciónhttp://carnivorosmedianos.blogspot.com/)

Esperamos que nas próximas edicións continue polo menos esta participación.

Un saúdo




















Posted by Picasa

lunes 30 de enero de 2012

Xornadas de campo: XANEIRO 2012 V.2





Secuencia de fotos da marcaxe dunha teixugueira en O Pino







Teixugueira en Portomeiro (Val do Dubra)










Agunhas imaxes, da contorna da teixugueira mais grande da que temos constancia en na nosa comunidade, nada mais e nada menos que 192 entradas.

Teixugo atropelado, ao caron dunha teixugueira en Saime, BRIÓN-AMES

Xornadas de campo: XANEIRO 2012

Durante o mes de xaneiro estivemos a saír a diferentes localidades para colaborar nun proxecto de seguimento de LATRINAS E TEIXUGUEIRAS, en catro zonas agrogandeiras do centro de da nosa comunidade.
Latrina de borde en Melide





Detalle de teixugueira en Arzúa


domingo 25 de septiembre de 2011

CARNÍVOROS MEDIANOS VERÁN 2011

Nos últimos quince días realizáronse as saídas do seguemento de carnívoros medianos do verán de 2011.

Desta volta, os catro participantes da actividade, detectamos as especies habituais na realización dos transectos de rastros: raposo, teixugo,...

Participantes percorrendo os transectos.



Os asistentes colocando unha das cámaras de fototrampeo.


O fototrampeo foi, nesta ocasión, moi efectivo nos resultados, xa que grazas a esta técnica detectouse raposo, teixugo, xabaril, esquío e algaria. Ademais de algún cadelo.

Algunhas das fotos obtidas mediante fototrampeo móstranse en: http://carnivorosmedianos.blogspot.com/

Participantes da campaña de verán de 2011.

Tras realizar os transectos, os participantes colaboraron no control que se está a levar nunha teixugueira.

A teixugueira monitorizada tivo moita actividade recentemente.

Despois da ardua labor de mostraxe, os asistentes compartimos unhas cervexas cunhas abundantes tapas no lugar de costume.

Agradecemos a todos/as os participantes a súa asistencia e animamos a todos/as a participar nas próximas actividades de GEAS.

martes 24 de mayo de 2011




Dende GEAS estase a coordinar en Galicia o 1º Sondeo Nacional de Augadana (Arvicola sapidus), promovido dende a Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos (SECEM). Se queredes colaborar no sondeo ou participar nalgunha das saídas poñédevos en contacto co coordinador (Xosé) no correo electrónico xosepardavila@yahoo.es ou no tlf. 669.235.209.

A augadana (Arvicola sapidus)

Categoría para España (2006): VU A2ace+3ce

A augadana é un arvicolino de tamaño medio, CC: 170,0-230,0 mm; C: 100,0-147,0 mm; P: 32,0-39,0 mm; O: 12,0-22,0 mm; Ps: 140,0-310,0 g. En comparación coa rata de auga norteña (Arvicola terrestris) da Península Ibérica, o seu aspecto xeral é máis robusto, o seu tamaño corporal significativamente maior e a súa cola relativamente máis longa, superando sempre a mitade da lonxitude da cabeza máis o corpo. Non existe dimorfismo sexual a escala somática e cranial, si ben durante a etapa adulta os machos adultos tenden a ser, por termo medio, algo maiores que as femias. De maneira xeral, nos adultos o dorso varía desde pardo amarelento hate pardo escuro salpicado de negro. Os flancos son lixeiramente máis claros que a parte dorsal debido ao predominio de tons ocráceas. O ventre é gris cinza mesturado de amarelo en intensidade variable; a parte máis anterior do peito e a gorxa son algo máis claras debido á maior abundancia de pelos blanquecinos. A cola é bicolor, pardo escura por enriba e máis clara ventralmente. A pelaxe xuvenil é en conxunto máis escura que a dos adultos.

Distribúe se por toda a Península Ibérica e gran parte de Francia (falta soamente en certas zonas setentrionais e orientais). A súa presenza insular queda circunscrita a algunhas pequenas illas próximas á costa atlántica francesa.

É un roedor semiacuático que vive case sempre ligado á presenza de cursos ou masas de auga estable con abundante vexetación herbácea ou matogueira nas súas marxes. Prefire as ribeiras de escasa pendente e de textura relativamente branda que lle permitan a escavación de madrigueiras. Ocasionalmente pódese atopar á especie alonxada sensiblemente dos cursos de auga, ocupando prados húmidos, charcas secas o zonas lixeiramente turbosas. Ten sido detectada desde as terras baixas próximas ao mar (por exemplo, Albufera de Valencia e Delta do Ebro) haté os 2.300 m de altitude (Serra Nevada).

O sondeo

Os puntos principais do protocolo son:
  • Créase unha rede de cuadrículas de mostreo fixas.
  • O mostreo baséase no retículo de cuadrículas UTM de 10xlO km de lado, habitualmente empregado na elaboración de atlas de distribución.
  • Selecciónanse sistematicamente 1.000 destas cuadrículas en España. 64 en Galicia.
  • O número de cuadrículas de lOxlOkm a mostrear en cada provincia é proporcional á superficie da mesma. A Coruña: 19, Lugo: 19, Ourense: 16 e Pontevedra: 10.
  • En cada cuadrícula de 10xlO km se elixen tres puntos con hábitat favorable. Se nalgún dos puntos se detecta a presenza de rata de auga, a cuadrícula considérase positiva, se os tres puntos resultan negativos a cuadrícula considérase negativa.
  • O número de puntos con presenza da especie en cada cuadrícula, pode ser empregado como un índice local de abundancia (0 = ausente, 1 = escasa, 2 = frecuente e 3 = abundante).
  • Os puntos de mostreo distanciaranse como mínimo 2.500 m entre si, para garantir a súa independencia.
  • Reúnense (na ficha que se axunta) datos sobre as características do hábitat e a presenza da especie.
  • Cada mostreador mostreará un mínimo de 5 cuadrículas.
  • Un punto considerase positivo cando se detecten excrementos claramente asignables á augadana.
  • Cada punto mostrearase activamente hate que se localice unha colonia, momento no que se deixará de buscar, ou durante un máximo de 30 minutos, momento en que se dará como negativo.
Descargas

Dende a nosa páxina web podedes descargar o manual elaborado pola SECEM (Román 2010) coas especificacións sobre a bioloxía da especie, ampla información sobre os seus indicios e unha perfecta explicación do protocolo e a metodoloxía de traballo, así como as normas para cunplimentar a ficha de campo e varios casos prácticos.

Tamén podedes descargar o modelo de ficha para a toma de datos en campo, así como a ficha da especie do "Atlas y libro rojo de los Mamíferos Terrestres de España" (Román 2007).

lunes 21 de febrero de 2011

CARNÍVOROS MEDIANOS INVERNO 2011


Ola a tod@s

Nas últimas semanas realizamos as saídas de campo den inverno 2011 correspondentes ó "Seguemento de Carnívoros Medianos". A participación, desta volta foi moi boa cunha media de 8 participantes, moi superior ó habitual (6 1ª visita, 10 2ª visita).




Vista xeral da transformación que estan a sufrir os entornos dos itinerarios.



Sorprendentemente, e aínda que o tempo durante os 7 dias entre visitas foi realmente malo, resultou ser unha das xornadas con maior numero de excremtos atopados. As especies detectadas foron as habituais: raposo, xabarín, esquío e teixugo.

Participantes da segunda saida

En canto aos equipos de fototrampeo, tan so tiveron algunha captura 2 dos 3. Novamente foi o raposo a única especie detectada.
Participantes instalando un equipo de fototrampeo

Para ver mais detalles das fotos podedes entrar en :http://carnivorosmedianos.blogspot.com/

Cada unha destas semanas, os asistentes colaboraron no control que estamos a levar nunha teixugueira.
Participantes recollendo datos

Vista xeral da teixugueira controlada

Polas tardes algúns dos participantes, estivemos a realizar transectos na procura de latrinas de teixugo nos arredores de Sigüeiro, Oroso, A Coruña.

A tod@s os participantes moitas grazas pola vosa colaboración, e ós que non viñéchedes pois ...xa sabedes.




domingo 14 de noviembre de 2010

CARNÍVOROS MEDIANOS OUTONO 2010

Ola a tod@s

Nas últimas semanas realizáronse as saídas do seguimento de carnívoros medianos de outono de 2010.

A participación desta volta foi moi elevada durante a porimeira semana, nada mais e nada menos que 10 participantes.

Buscando rastros nun dos transectos.

Montaxe estación de fototrampeo.

As especies detectadas foron as habituais: raposo, teixugo e xabarín.

Grupo de participantes nunha das estacións de fototrampeo.


Participantes.

A segunda semana tivo unha participación moito menor....tan so 3 superviron ó temporal de choiva.

En canto ós resultados obtidos durante o fototrampeo, tan so se detectou unha especie, O RAPOSO. http://carnivorosmedianos.blogspot.com/

Un saúdo a tod@s