martes 30 de junio de 2009

Benvidos ao blog de G.E.A.S.

O grupo G.E.A.S. (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes) leva activo xa uns seis anos, ao longo dos cales estivemos realizando diversas actividades de carácter científico, cursos, exposicións, actividades de educación ambiental, etc. Todas elas as podedes atopar na nosa web www.grupogeas.org, onde teredes información referente ás mesmas e documentación para baixar. Botádelle un ollo!!.

Ademáis, dende os nosos inicios dispomos dun foro onde intercambiamos as nosas ideas sobre o mundo que nos rodea, comentando noticias e informando sobre as nosas actividades.

Agora decidímonos apuntar a o mundo dos blogueiros, buscando dinamizar un pouquiño máis todo o noso mundo. Aquí poderedes atopar información actualizada e contínua sobre as nosas saídas de campo, os nosos cursos, e todo aquelo que resulte de interese.

Esperamos que este proxecto de incursión na "blogesfera" faga partícipe das nosas actividades, novas e inquedanzas aos nosos membros e a calquera outra persoa interesada neste mundo da bioloxía e da natureza.

Un saúdo a todos e benvidos

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada