É curioso como nesta vida de súpeto te podes atopar con xente moi interesante. Como ben sabedes, algúns membros da Asociación nos gañamos a vida coa nosa propia “aventura” empresarial, Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente. Últimamente andamos traballando no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, colaborando coa USC na realización do “Atlas de vertebrados” do Parque Natural. Nesta última semana acercouse pola zona un rapaz, Brais Palmás, un amigo dun amigo de Fernando (Verzas), que colabora coa empresa neste traballo e que tamén é membro de GEAS.
Brais é un rapaz de 20 anos (un “membrillo”, que diríamos nós ;P), que está a realizar unha viaxe en bicicleta dende Pontevedra a Vietnam. O “Proyecto Samana”, que así se chama esta aventura na que agora anda metido, comezou este 5 de xuño, coa súa saída dende Pontevedra e terá unha duración de 3 anos, e o levará polos principais parques Naturais de Europa e Asia. Como fotógrafo de natureza que é, dedicarase neste tempo a fotografar ás especies máis emblemáticas e as mellores paisaxes de cada país. Así mesmo, busca unha propia experiencia persoal ao interactuar con xentes doutras culturas e concienciar ao mundo en xeral da fraxilidade do medio ambiente e da existencia de alternativas sostibles e respectuosas como é o uso da bicicleta.
Si ben, non é a súa primeira viaxe xa qu
e o pasado ano o “Proyecto Ponteroda” o levou ata Bosnia. Podes atopar máis información sobre estes proxectos nos enlaces anteriores e algunhas notas de prensa fozando en Google. Tamén podedes atopar a Brais no Facebook.
Esperemos que todo lle vai ben a este aventureiro, xa que a cambio desta pequena publicidade e dalgúns contactos polo mundo adiante acordamos que á súa volta nos dará algunha charla sobre a súa experiencia e montaremos algunha exposición coas súas fotografías. Todo isto dentro de tres anos, claro …
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada