martes 14 de septiembre de 2010

CARNÍVOROS MEDIANOS VOL.4


Ola a tod@s

As pasadas fins de semana realizáronse as saídas correspondentes ó SEGUIMENTO DE CARNÍVOROS MEDIANOS, da campaña de verán.

A participación foi moito maior do que adoita ser normal, o cal nos entusiasma para seguir con este tipo de actividades.





Vista xeral dun segmento do itinerario 1, no que se realizou recentemente unha corta. A ver se influe nos resultados obtidos.
Rastreadores, ó final do itinerario 3, da primeira volta desta campaña.
Martín, probando a cámara, sendo "capturado".

Improvisando o dispensador de olor, nesta foto Sofia, Cris e Adri, preparan un "pau dispensador", xa que se nos esqueceron os habituais "botes de carrete".

De volta para o carro despois dunha agradable xornada......

Desta volta atopáronse indicios de raposo eteixugo, ademáis de coello e xabarín. En canto ás capturas fotográficas, detectáronse raposo, xeneta, xabarín e.......un miñato. Algunhas destas fotos pódense ver en: http://carnivorosmedianos.blogspot.com/

Un saúdo a tod@s




0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada