Dende GEAS estase a coordinar en Galicia o 1º Sondeo Nacional de Augadana (Arvicola sapidus), promovido dende a Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos (SECEM). Se queredes colaborar no sondeo ou participar nalgunha das saídas poñédevos en contacto co coordinador (Xosé) no correo electrónico xosepardavila@yahoo.es ou no tlf. 669.235.209.
A augadana (Arvicola sapidus)
Categoría para España (2006): VU A2ace+3ce

A augadana é un arvicolino de tamaño medio, CC: 170,0-230,0 mm; C: 100,0-147,0 mm; P: 32,0-39,0 mm; O: 12,0-22,0 mm; Ps: 140,0-310,0 g. En comparación coa rata de auga norteña (Arvicola terrestris) da Península Ibérica, o seu aspecto xeral é máis robusto, o seu tamaño corporal significativamente maior e a súa cola relativamente máis longa, superando sempre a mitade da lonxitude da cabeza máis o corpo. Non existe dimorfismo sexual a escala somática e cranial, si ben durante a etapa adulta os machos adultos tenden a ser, por termo medio, algo maiores que as femias. De maneira xeral, nos adultos o dorso varía desde pardo amarelento hate pardo escuro salpicado de negro. Os flancos son lixeiramente máis claros que a parte dorsal debido ao predominio de tons ocráceas. O ventre é gris cinza mesturado de amarelo en intensidade variable; a parte máis anterior do peito e a gorxa son algo máis claras debido á maior abundancia de pelos blanquecinos. A cola é bicolor, pardo escura por enriba e máis clara ventralmente. A pelaxe xuvenil é en conxunto máis escura que a dos adultos.
Distribúe se por toda a Península Ibérica e gran parte de Francia (falta soamente en certas zonas setentrionais e orientais). A súa presenza insular queda circunscrita a algunhas pequenas illas próximas á costa atlántica francesa.
É un roedor semiacuático que vive case sempre ligado á presenza de cursos ou masas de auga estable con abundante vexetación herbácea ou matogueira nas súas marxes. Prefire as ribeiras de escasa pendente e de textura relativamente branda que lle permitan a escavación de madrigueiras. Ocasionalmente pódese atopar á especie alonxada sensiblemente dos cursos de auga, ocupando prados húmidos, charcas secas o zonas lixeiramente turbosas. Ten sido detectada desde as terras baixas próximas ao mar (por exemplo, Albufera de Valencia e Delta do Ebro) haté os 2.300 m de altitude (Serra Nevada).
O sondeo
Os puntos principais do protocolo son:
- Créase unha rede de cuadrículas de mostreo fixas.
- O mostreo baséase no retículo de cuadrículas UTM de 10xlO km de lado, habitualmente empregado na elaboración de atlas de distribución.
- Selecciónanse sistematicamente 1.000 destas cuadrículas en España. 64 en Galicia.
- O número de cuadrículas de lOxlOkm a mostrear en cada provincia é proporcional á superficie da mesma. A Coruña: 19, Lugo: 19, Ourense: 16 e Pontevedra: 10.
- En cada cuadrícula de 10xlO km se elixen tres puntos con hábitat favorable. Se nalgún dos puntos se detecta a presenza de rata de auga, a cuadrícula considérase positiva, se os tres puntos resultan negativos a cuadrícula considérase negativa.
- O número de puntos con presenza da especie en cada cuadrícula, pode ser empregado como un índice local de abundancia (0 = ausente, 1 = escasa, 2 = frecuente e 3 = abundante).
- Os puntos de mostreo distanciaranse como mínimo 2.500 m entre si, para garantir a súa independencia.
- Reúnense (na ficha que se axunta) datos sobre as características do hábitat e a presenza da especie.
- Cada mostreador mostreará un mínimo de 5 cuadrículas.
- Un punto considerase positivo cando se detecten excrementos claramente asignables á augadana.
- Cada punto mostrearase activamente hate que se localice unha colonia, momento no que se deixará de buscar, ou durante un máximo de 30 minutos, momento en que se dará como negativo.
Descargas
Dende a nosa páxina web podedes descargar o manual elaborado pola SECEM (Román 2010) coas especificacións sobre a bioloxía da especie, ampla información sobre os seus indicios e unha perfecta explicación do protocolo e a metodoloxía de traballo, así como as normas para cunplimentar a ficha de campo e varios casos prácticos.
Tamén podedes descargar o modelo de ficha para a toma de datos en campo, así como a ficha da especie do "Atlas y libro rojo de los Mamíferos Terrestres de España" (Román 2007).
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada